Útiles para observar aves

Útiles para a observación de aves

Os ornitólogos teñen observado aquí cerca de 300 especies distintas de aves, case a metade do número das que existen en Europa. Ti tamén poderás gozar da súa presenza. (Evita molestalas, sobre todo se están en período de reprodución). Para observalas, deberás contar co seguinte material.

Dispón dunha boa guía ornitolóxicaque che ofreza ampla selección de aves coa súa respectiva catalogación, descrición e correspondentes debuxos e fotografías.

A canda a guía, convén que leves un caderno de campo para que debuxes aves en voo ou repouso, para tomar notas de comportamento, morfoloxía ou características da súa plumaxe.

 

A observación de aves é imposible sen uns bosprismáticos. Aínda que os teus non sexan moi potentes, convén que pesen pouco e que conxuguen un coeficiente de ampliación correcto cun amplo campo de visión. As mellores combinacións son 8 x 30 e 10 x 40.

A túa cámara fotográfica axudarache a inmortalizar a presenza dalgunhas aves que quizais nunca máis vexas neste esteiro. Se é dixital, ofrecerache a posibilidade de ver a imaxe na pantalla. Dótaa dun potente teleobxectivo(200 mm) para fotografar aves distantes. Ó final do día, deleitaraste coas imaxes de campo no teu ordenador.

Ten ademais unhas pinzas de depilar de plástico para recoller pequenos ósos,lupa para examinar egrafópilas (pelotiñas de excrementos), uns cantos lapis de cores, pequena regra para medir plumas e bolsiña de plástico para gardalas.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).