- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
ANOS
Galego
CASTRO GUISANDE OU DE ANOS
Érguese nos límites de terreos de cultivo e monte abaixo. Conta cunha ampla croa e antecastros defensivos. A croa é ovoidal duns 63 metros de lonxitude e 52 de ancho. No interior da croa pódese observar outro recinto máis elevado de 40 metros de lonxitude e 27 de ancho.
De modo concéntrico e dende a croa, desenvólvese un antecastro cun maior desenvolvemento nos lados Sur e Leste. As partes defensivas do antecastro sitúanse en terreos de cultivo polo que se atopan bastante desfeitas. O resto do conxunto presenta un bo estado de conservación.
En canto aos achados, atopouse un obxecto cónico con inscricións que hoxe en día está en paradoiro descoñecido. A lenda conta que os mouros tenderon unha trabe de ouro subterránea entre castro Guisande e o Castro de Borneiro.
CASTRO DO PIÑEIRO
Atópase en terreos de monte abaixo e conta coa particularidade de posuír unha croa circular duns 50 metros de diámetro. A croa deféndese por un parapeto que ten alturas variables de 1 metro ata 8 e un foxo polo lado Sur e Leste. O estado de conservación é excelente.
SAN ESTEVO DE ANOS
A igrexa presenta unha cronoloxía inicial de finais do XII e comezos do XIII sendo o estilo de orixe o románico. Conta con diversas remodelacións barrocas.
Consta dunha nave única con dúas dependencias na cabeceira, a capela maior e a sancristía ambas as dúas de planta rectangular.
A capela maior está recuberta cunha bóveda de canón reforzada por un arco faixón volteado sobre semicolumnas apegadas. A sancristía situada no lado norte, conta cunha bóveda de canón de cantería reforzada por tres arcos faixóns volteados sobre ménsulas.
O paso da nave á capela maior faise mediante un arco triunfal sobre semi-columnas apegadas e os capiteis son de tipo vexetal mostrando o desbaste románico característico.
O exterior conta con muros de cantería a excepción da sancristía que son de cachotería encintada nos cales no muro sur se conservan sete canzorros da súa ábsida cadrada.
A fachada principal ten na porta principal unha fornela que acolle a imaxe pétrea de San Estevo, un pequeno oco rectangular e a espadana moi sinxela.
O cruceiro componse de granito e formigón e conta cunha plataforma cuadrangular de dous graos e un pedestal rematado con chafráns. Posúe unha mesa adosada para a colocación do Sacramento nas procesións. O capitel é corintio e presenta follas de ápice groso e redondo así como unha cruz rectangular cun cristo crucificado de tres cravos no anverso e no reverso a virxe con xesto aflixido.
CAPELA DO ESPIÑO (EIRITA)
O adro posúe uns particulars sentadoiros pegados á parede que o delimita.
O templo presenta unha planta de salón formada por unha capela maior e unha nave rectangular na que os muros son construídos en cantería e cachotería con perpiaños escadrados tan só nos esquinais e nos marcos dos vans.
A ábsida cadrada sobresae volumetricamente no conxunto cunha cuberta a catro augas coroada por unha cruz pétrea. No interior conta cunha éstrana bóveda de canón volteada sobre as propias paredes nas que os muros laterais están ordenados con seis arcos de medio punto apegados.
A fachada presenta no seu eixo central a porta principal rematada nun arco de medio punto de grandes doelas, un óculo de aireación e iluminación interior e a espadana.
Constrúese arredor do 1545 segundo unha inscrición situada nun piar do arco triunfal.
A capela pertenceu ao pazo anexo do señor Marqués de la Sierra o cal, foi abandoado e posteriormente destruído, o mesmo que a capela, reconstruída no 1988.
A romaría celébrase o 22 de setembro na honra da Asunción.
CAPELA DE SAN ROQUE DA ERMIDA
Aínda que o santuario actual foi construído a mediados do século XVIII, determinados documentos medievais xa fan alusión á existencia dunha ermida de San Roque neste lugar, informacións que levan a pensar que o edificio foi sufrindo diversas alteración ao longo dos séculos. Exemplo disto é a inscrición que figura no banco do retablo na que se di que o santuario foi construído no 1675 polo licenciado Francisco Blanco, reitor de Anos e Cundíns.
Conta cunha planta de salón cun presbiterio e nave rectangular. A capela maior cóbrese cunha bóveda de crucería nervada dunha única clave central e volteada sobre ménsulas angulares estaría a unha maior altura que a nave en volume. Comunícanse os dous espazos mediante un arco triunfal de medio punto volteado sobre pilastras. A capela maior presenta un tellado a catro augas que se remata cun pináculo en cada unha das esquinas mentres que a nave conta cun tellado a dúas augas.
No eixo central da fachada disponse a porta adintelada, unha fiestra estreita e a espadana de cemento formada por un único corpo composto por dous machóns cun arco rebaixado entre eles.
Os muros son de cachotería e están recebados e pintados de branco a excepción da bóveda, esquinal e vans que mostran perpiaños.
No interior, presidindo o santuario no muro testeiro da capela maior, atópase un pequeno retablo tabernáculo de características barrocas no que destacan as columnas de capiteis xónicos. Nos seus fustes e sumóscapos presentan cabezas humanas das que saen das súas bocas vides que envolven a parte central dos fustes semellando as espirais das columnas salomónicas.
MÚSICA
A regheifa está na mecar
A regheita esta na mesa.
Era de pan barolento.
Ronda, queridiña, ronda.
Ronda que érde-lo tempo.
A regheita está na mesa.
Era de pan barutado
que o barutou a novia
Coas caínzas do carro.
A regheifa é bonita.
Era de pan de senteo.
O muíño que a muíu
non ten rodisio nin beo.
Canto de Nadal: “La Virgen va caminando"
Caminando la Virgen María
en compaña san José.
Los caminos eran larghos.
Tantas tatighas traían.
El niño tenía sede.
A su madre le decía.
Calla, hijo de mi vida.
Calla, hijo de mi bien,
que los ríos pasan turbios
y no se puede beber.
Y un poquito más alante
hay un verde naranjal
que lo ghuarda un pobre siegho,
siegho ue la luz no ve.
Siegho, dáme una naranja
para este niño beber,
que los ríos pasan turbios
y no se puede beber.
Pase usted, buena señora,
coja las que quiera usted.
Cogió una para el niño
y otra para San José.
Y otra es para la Virgen,
para la Virgen olé.
Mientras la Virgen cogia,
el siegho empesó a ver.
Quien sería esa señora
que me ha hecho tanto bien?
Era la Virgen, doncella,
con el Niño y San José.
“A Belen camina”
A Belén camina
la Virgen María.
San José llevaba
en su compania.
Era amante firme.
No era de olvidar.
Fueron caminando
y luegho encontraron
a dos pasajeros
y les perghuntaron
si para Belén
si hay mucho que andar.
Respondieron ellos.
Quisieron saber:
un hombre de noche
Con una mujer.
Era amante firme.
No era de olvidar.
No la llevo hurtada
ni mal maginada,
que es esposa mia,
querida y amada.
No la llevo hurtada.
Ni, mal maginada.
Fueron caminando
y luego encontraron
a un portal viejo
muy mal preparado.
Hicieron concepto.
Alí se quedaron.
Acuéstate, amante,
Si vienes cansado
por mi no tengas
pena ni cuidado.
Si la hora llega,
serás avisado.
A la medianoche
ha nasido un niño
entre paja y hierbas
Sin otro animo.
Era el rey del cielo
que viene a reinar.
Mande o aghinaldo,
señora, por Dios,
que es el nasimiento
del hijo de Dios.
Que Dios lo ha dado
para dar a nós.
Poema: “Comeches aquela noite”
Dicialle a nai ao seu tío:
Comeches aquela noite,
aqui na pedra do lar,
como un coche de Boimente.
Lástima de non estalar!
E ordenaron de machar el e mais
Os compañeiros da parroquia,
En Carballo co criado
volveron as bestas pa tras.
Na taberna o que pediches
Costoume vinte reás.
Dendes de Carballo á Cruña
oito leguas costa arriba.
Ti moi dreito parolando
i eu comendo saliva.
Un pouquiño máis adiante
tres patacóns me pediches
pra unha libra de pan
que sin escote comiches.
Xunto do cabalo branco
cheghamos ó escureser.
O primeiro que fixeches
foi pedir de comer.
Deches en pedir pulpo,
polo, ovos e touciño,
molete, roscas, café,
mais catro netos de viño.
Aló de noite na trapa
tocáche-lo cornetín.
O que comeras de día
botáchelo sobre min.
Preguntaches pola piesa
que é do irmán do calleiro.
Caeches polo burato
con cabeza e con traseiro.
Acudiuo cabalo branco.
Sacoute cunhas cadeas.
Lavoute nunha maseira
Como se lavan as meas.
BIBLIOGRAFÍA
Kirk Martínez, O. e Díaz Carro, P (2012), Cancioneiro de Cabana de Bergantiños, Cabana de Bergantiños.
Garea, F., Giadás, L. e Navarro, E. (1995), Cabana: Análise histórica e social, Cabana de Bergantiños; Deputación da Coruña.