- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Escola Infantil Municipal "A casa dos títeres"
ENDEREZO
Escola Infantil Municipal “A Casa dos Títeres”
A Telleira, 25 – Canduas
15116, Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Teléfono: 615 263 171
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “A CASA DOS TÍTERES”
A Escola Infantil Municipal cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionándolle ás/ós nenas/os unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social ou económica, mediante un programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral.
A EIM coopera coas/os nais/pais, titoras/es ou representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.
Son obxectivos específicos da EIM os seguintes:
- Promover e fomentar o desenvolvemento integral e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas das/os nenas/os.
- Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral.
- Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
- Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.
- Respetar a singularidade e diversidade de cada nena/o.
- Posibilitar o coñecemento e a integración progresiva das/os nenas/os na cultura e no medio ambiente da súa contorna.
- Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e actividades diarias.
- Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais e dos recursos, facendo uso axeitado destes así como de pautas de comportamiento ambientalmente sustentables.
- Facilitar a integración dos/as nenos/as con necesidades educativas especiais.
- Fomentar a igualdade efectiva promovendo actividades e comportamentos que favorezan o exercicio da igualdade de dereitos e oportunidades.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNAS/OS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
A idade mínima de ingreso queda establecida nos 3 meses, salvo situacións especiais, logo do informe dos servizos sociais municipais.
As/os nenas/os poderán ser usuarias/os do servizo ata o momento da incorporación á educación infantil. No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal, no que constarán cun carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfonos para avisos en caso de urxencia, así como tantas circunstancias aconsellen unha atención individualizada.
SOLICITUDES DE NOVO INGRESO
As solicitudes de novo ingreso, presentaranse no departamento de servizos sociais ou na sede electrónica do Concello.
Estas solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación orixinal ou copia compulsada:
1) Documentación xustificativa da situación familiar:
a) Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte das/os nais/pais, titoras/es ou representante legal.
b) Libro/s de Familia ou, no seu defecto, outros documentos que acrediten oficialmente a situación familiar e Título de Familia Numerosa de ser o caso.
c) Volante de empadroamento da unidade familiar só se reside en concellos limítrofes.
2) Documentación xustificativa de ingresos:
Declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigada/o a declarar, certificado negativo emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ó exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade familiar.
3) Documentación xustificativa da situación laboral:
a) Última nómina, certificación de empresa ou vida laboral, no caso de persoas traballadoras por conta allea.
b) Último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade, no caso de persoas traballadoras por conta propia ou atónomas.
c) Certificación de ser demandante de emprego (con efectos dende o día anterior ao comenzó o prazo de presentación de solicitudes) no caso das persoas desempregadas.
4) Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación:
a) Certificado de discapacidade ou grao de dependencia alegada polos membros da unidade familiar.
b) Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outra afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
c) Informe do equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo.
d) Informe do organismo competente no caso de acollemento ou garda con fins adoptivos de nenas/os.
e) Documentación acreditativa de incidencias tales como separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial que establezca as medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade.
f) Documentación acreditativa da condición de víctima de violencia de xénero.
g) Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditacion documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nos apartados 3 e 4 dentro do plazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo, de calquera das circunstancias alegadas.
SOLICITUDES DE RENOVACIÓN DE PRAZA
As/os nais/pais, titoras/es ou representantes legais de nenas/os xa matriculadas/os neste centro que desexen renovar praza, presentarán a solicitude de renovación no departamento de servizos sociais ou na sede electrónica do Concello coa documentación xustificativa dos ingresos económicos actualizados así como otros datos que poidan variar a situación sociofamiliar con respecto ó curso anterior
Non poderá renovar praza o/a solicitante que, no momento de formalizar a súa solicitude, manteña algunha mensualidade impagada de calquera curso.
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES
Renovación de praza de nenas/os escolarizadas/os durante o curso anterior
· Do 15 ó 31 de marzo: presentación das solicitudes no departamento de servizos socias ou na sede electrónica do Concello. É necesario presentar a documentación xustificativa dos ingresos económicos actualizados así coma otros datos que poidan variar a situación sociofamiliar con respecto ó curso anterior.
· Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula no departamento de Servizos Sociais do Concello.
Admisión de novas/os alumnas/os
· Do 15 de marzo ó 15 de abril: presentación das solicitudes no departamento de servizos sociais do Concello coa documentación necesaria.
· 10 de maio: exposición da relación provisional de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.
Reclamacións: os solicitantes poderán efectúar as reclamacións que estimen oportunas no departamento de servicios sociais no prazo de 10 días contados a partir do día seguinte da publicación.
· 24 de maio: exposición da relación definitiva de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.
· Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula no departamento de servizos sociais do Concello.
Descargas:
- Regulamento da EIM
- Ordenanza fiscal da EIM
- Proceso de admisión 2024-2025
- Documentación necesaria para a admisión na EIM
- Solicitude de novo ingreso 2024-2025
- Solicitude de renovación 2024-2025
- Baremo 2024-2025
- Listaxe provisional de admisión e agarda 2024/2025
- Listaxe definitivo de admisión e agarda 2024/2025
Galego