- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Espazo privilexiado en Europa para as aves
Espazo privilexiado en Europa para a observación de aves en migración
Informámosche que no Esteiro do Anllóns te encontras nun dos lugares máis privilexiados da Europa continental para a observación de aves. Aquí paran especies que realizan rutas migratorias desde Europa, Asia, Africa e mesmo América do Norte
Aquí encontrarás aves da rexión zooxeográfica boreoatlántica e da mediterránea, dado que o Esteiro do Anllóns pertence a unha zona limítrofe con estas dúas rexións.
Tamén verás aves mariñas que, tras nidificar en rexións setentrionais de Europa e Asia occidental, se desprazan a invernar a latitudes máis meridionais ca Galicia.
Así como aves terrestres que, seguindo un corredor secundario distinto ó corredor migratorio central dos estreitos de Xibraltar e do Bósforo, despois de nidificar en rexións setentrionais, invernan en África. Ou aves que seguindo este corredor secundario e non o do Mediterráneo central, situado en Sicilia e na Península Itálica, se desprazan cara ó norte na ruta migratoria da primavera.
Este corredor migratorio secundario entre Europa e África percorre todo o litoral atlántico da Península Ibérica. Nel encóntrase o Esteiro do Anllóns. As aves que o transitan viaxan apegadas á costa e, cando os ventos sopran fortes en sentido contrario do voo, buscan refuxio e alimento en espazos coma a desembocadura do Anllóns. Desta maneira, A Insua convértese tanto nun refuxio imprescindible para as migracións como un punto importantísimo para a observación de avifauna.
Outras aves que pousan no Esteiro son as do continente americano. Dado que a Costa da Morte é o espazo máis occidental da Europa continental, cando aves de América do Norte se desprazan cara ó sur en tempo de outono, algunhas pérdense no Atlántico e chegan ás Illas Británicas e ó Esteiro do Anllóns. Isto convérteo no mellor espazo natural non só da Península Ibérica senón tamén da Europa continental para a observación de aves procedentes do norte de América.
Galego