Romarías

Cabana de Bergantiños ten cinco romarías de sona na comarca de Bergantiños. Todas elas cristianizan cultos hidrolátricos (ás augas) pagáns e contan con fonte de augas milagreiras que curan verrugas e outras enfermidades da pel. Tres renden culto a santas, mentres que tan só dúas o fan a varóns. Un trazo úneas a todas elas: celébranse en centenarias carballeiras en lembranza dunha Galicia máxica e ancestral.

Galego