Saúdo do Alcalde

Benvida

Compráceme, como alcalde de Cabana de Bergantiños, dirixir un agarimoso saúdo a tódolos visitantes deste concello situado no corazón da Costa da Morte.

En cada curruncho do noso concello terán ocasión de descubrir a riqueza da paisaxe, a hospitalidade das xentes e un importante legado histórico que lles transmitirá experiencias inesquecibles.

Unha terra na que son evidentes as pegadas dos nosos antergos que 5.000 anos atrás levantaron o Dolmen de Dombate como desafío ao paso do tempo; terra na que descubrirán vellas formas de vida visitando o Castro A Cidá; na que gozarán dunha variada flora e fauna que contempla o señorial discorrer do río Anllóns que desemboca na impresionante enseada da Insua, un dos máis importantes refuxios de aves a nivel europeo. Xa na costa o visitante quedará abraiado polas nosas calas recollidas e polo espectáculo azul do Atlántico.

O atractivo paisaxístico e monumental, tamén ten a súa réplica nunha excepcional gastronomía na que xogan un importante papel os produtos autóctonos da ría, da costa e da nosa terra.

Cabana de Bergantiños, comunión entre mar e terra, agarda ao visitante para ofrecerlle unha riqueza de experiencias que de seguro o han de engaiolar. Ante todo, grazas pola súa visita.

Un saúdo
José Muíño Domínguez
Alcalde de Cabana de Bergantiños

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).