Centro de Maiores

O Centro de Maiores de Cabana de Bergantiños, de titularidade municipal, é un servizo público aberto e integrado na rede dos Servizos Socias, creado para servir como lugar de encontro no que se promova fundamentalmente a convivencia dos maiores co obxectivo de desenvolver a solidariedade e potenciar a integración persoal e comunitaria.

Teñen dereito a ser usuarios/as do Centro de Maiores as persoas empadroadas no Concello de Cabana de Bergantiños que reúnan algún dos seguintes requisitos:

- Ser maior de 65 anos.

- Ser pensionista de xubilación, invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter nestes casos 60 anos cumpridos.

- Ser pensionista de viudedade con idade superior ós 55 anos.

Estarán exentas de cumprir estas condicións as persoas que acudan en calidade de cónxuxe ou parella de feito.

Tamén poderán ter acceso ó centro aquelas persoas que, aínda que non cumpran os requisitos anteriores, acompañen as persoas usuarias ós diferentes servizos ou como persoas invitadas a actividades organizadas no local.

O horario de apertura e funcionamento do centro será de 15:30 a 20:00 horas de luns a venres e de 17:00 a 23:00 horas os domingos.

O Centro de Maiores está situado no lugar de Balado, número 67, que pertence a parroquia de Cesullas do Concello de Cabana de Bergantiños.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).