GALP Costa da Morte

Descrición

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (en adiante GALP) Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro constituída ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e da normativa de aplicación do Estado e da Comunidade Autónoma.
As EDLP concibidas e postas en práctica polos grupos de acción local do sector pesqueiro son o principal instrumento para o logro da prioridade cuarta da UE de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o obxectivo específico seguinte:
O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte elaborou unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, que foi aprobada pola consellería do Mar.
O GALP é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da devandita estratexia.  
O 31 de xaneiro de 2019 publicouse a Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, convocatoria da axuda correspondente ao ano 2021.
O Concello de Cabana de Bergantiños, ten concedida unha axuda para o proxecto “ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL E POSTA EN VALOR DO BORDE LITORAL”-GALP3-079, para o tramo O Curro- San Sebastián. A execución realizouse durante a anualidade 2022. Acadando así o obxeto do artigo 63.1 do Regulamento 508/2014 c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Coa execución do proxecto enténdese por cumplido o obxetivo xeral de mellorar a conservación dun espazo natural a través da recuperación do borde litoral do tramo O Curro-San Sebastián, poñendo en valor este espazo natural para compatibilizar os usos do litoral con usos máis sociais, culturais e turísticos sen que o medioambiente se vexa ameazado. Os resultados previstos do proxecto permitiron a restauración ambiental dunha zona degradada, facilitando o acceso peonil preservando o capital medioambiental garantindo un desenvolvmento sostible do territorio.
Esta actuación está financiada pola Unión Europea Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), pola Consellería do Mar, cuio obxetivo principal é incrementar o emprego e a cohesión territorial.

 


Normativa Comunitaria do FEMP de requisitos de publicidade.


 

Datos de contacto

GALP Costa da Morte
Lugar A Camposa, s/n Buño
C.P. 15 111. A Coruña
Teléfonos: 981 70 73 78/626 104 619
Correos electrónicos:galp.mar.costadamorte@xunta.gal

Sen definir
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).