Programa de voluntariado

O Programa de Voluntariado do Concello de Cabana de Bergantiños ten como principal obxectivo fomentar a participación e colaboración da vecindade no ámbito local, así como poder axudar a solventar as necesidades que se xeneran no noso municipio.

¿A quen van dirixidas as nosas actuacións?

As nosas actuacións e actividades van dirixidas á poboación en xeral pero dando prioridade ós maiores, persoas dependentes, infancia e xuventude.

¿Quen pode colaborar connosco?

Poderá ser voluntaria calqueira persoa maior de 18 anos ou 16 con autorización empadroada no concello, que de xeito libre, altruísta e responsable desexe colaborar nas actividades dirixidas a nosa comunidade.

Dereitos e deberes da persoa voluntaria:

1. A persoa voluntaria ten os seguintes dereitos:
a) Recibir a orientación, formación e apoio necesarios para o exercicio da súa actividade.
b) Ser tratado sen discriminación, respetando a súa liberdade, dignidade, intimidade e crencias.
c) Participar activamente no programa de voluntariado, de acordo cos seus estatutos e normas de actuación.
d) Estar asegurado polos riscos que poidan derivar do exercicio da actividade voluntaria.
e) Ser reembolsado dos gastos que realice no desenvolvemento das súas actividades.
f) Dispor dunha acreditación que lle identifique como voluntario/a.
g) Realiza-la súa actividade nas debidas condicións de seguridade e hixiene. 
h) Recibir certificación da súa participación nos programas e proxectos de voluntariado, que poderán, se é o caso, como recoñecemento do seu valor social, ser obxecto de valoración no seu currículo.
i) Cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias. 

2. A persoa voluntaria ten as seguintes obrigas
a) Cumpri-los compromisos adquiridos co programa de voluntariado, respectando os seus fins e normativa.
b) Gardar confidencialidade da información recibida e coñecida no desenvolvemento da súa actividade voluntaria. 
c) Rexeitar calquera contraprestación material que puidera recibir, ben do beneficiario, ben doutras persoas relacionadas coa súa acción. 
d) Respecta-los dereitos dos beneficiarios da súa actividade voluntaria. Actuar de forma dilixente e solidaria. 
e) Participar nas tarefas formativas previstas polo programa de voluntariado, tanto específicas da actividade voluntaria, como xerais sobre o voluntariado. 
f) Segui-las instruccións axeitadas ós fins da acción, impartidas no desenvolvemento das actividades encomendadas. 
g) Utilizar debidamente a acreditación e distintivos do programa de voluntariado. 
h) Respectar e coida-los recursos materiais que poña á súa disposición o programa de voluntariado.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).