San Pedro de Silvarredonda

Torre da Penela

É un torre que adscribe culturalmente á época medieval. Aínda que se documenta no século XIV, descoñécese a data exacta da súa construción. Fálase da antiga existencia de tres ou catro torres; hoxe tan só se conserva unha delas así como tamén parte do sistema defensivo consistente nun parapeto de pedras e terra en forma circular que se sitúa arredor da torre na parte Leste. Esta torre ten formato cadrado e presenta como vans unha porta con arco de medio punto na planta baixa e ventás rectangulares nas superiores. Como antepeito da ventá de enriba da porta, amósase un escudo coas armas do remodelador da torre: os cuarteis debuxan as armas dos Bermúdez, Castro e Rioboo. O edificio coróase de ameas.

Co pasar do tempo, foron desaparecendo as edificacións defensivas medievais e medrando o número de casas rurais que conforman na actualidade a aldea da Penela. Hoxe en día, a torre utilízase como alpendre na súa parte baixa e pombal na alta.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).