Mensaxe de erro

  • User warning: The following module is missing from the file system: form_builder. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1156 of /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • User warning: The following module is missing from the file system: form_builder_webform. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1156 of /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).

Dolmen de Dombate

Considerado como a "catedral" do megalitismo galego, é un dos monumentos megalíticos mellor conservados. Xa era coñecido no s. XIX por Murguía, pero a súa popularidade medrou cando o poeta Eduardo Pondal, natural e veciño de Ponteceso, lle adicou un famoso poema en "Queixumes dos pinos" (1885).
 

Aínda recordo, aínda, cando eu era estudiante,
garrido rapacete, que ben rexerse sabe; 
cando iba pra Nemiña a estudiar o arte
do erudito Nebrija e do boo Villafañe; 
e iba a cabalo, ledo, cal soen os rapaces.
Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pola gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.
Galego