JUAN TABOADA HIDALGO

JUAN TABOADA HIDALGO

Licenciado e doutor en física pola Universidade de Santiago de Compostela.

Realizou a súa tese de doutoramento sobre a circulación hidrodinámica no Mediterráneo, coñecementos que máis tarde puido aplicar no ámbito do litoral galego. Posteriormente especializouse en circulación atmosférica. No ano 2000 incorporouse ao daquela recentemente creado servizo meteorolóxico galego (MeteoGalicia). Na actualidade está ao cargo dos prognósticos do tempo, coordinando ao equipo de predición operativa.

O traballo operativo do día a día non lle fixo esquecer os labores de investigación e divulgación. Continuou participando en proxectors de I+D, publicando resultados de investigación e tamén traballando en cuestións de carácter máis divulgativo, como poden ser os programas de visitas a MeteoGalicia ou as diferentes intervencións en medios de prensa. Unha temática na que ten traballado con intensidade nos últimos anos é o estudo do cambio climático en Galicia e as súas posibles consecuencias, con ánimo de axudar a atopar as mellores estratexias de adaptación en Galicia.

Sen definir