- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
O Carme do Briño
A romaría do Carme do Briño debía contar con moita sona na redonda durante o século XIX, xa que o escritor baiés Enrique Labarta Pose compuxo un moi coñecido poema, titulado ?O Carme do Briño?, co que chegaría a gañar un importante premio literario naquel tempo. No texto poético realiza unha magnífica descrición desta romaxe secular: a chegada dos romeiros, as comidas e tabernas, as misas e procesións, os cantos de cegos, os bailes de animados por gaiteiros e mesmo acordeonistas.
Celébrase cada 18 de xullo e, na actualidade, transformouse na mellor festa da parroquia de Borneiro, mesmo ensombrecendo as da honra a San Xoán, patrón da freguesía. Todo isto, grazas ó privilexiado entorno artístico e natural no que se celebra.
Carballeira
É unha das carballeiras máis antigas do concello de Cabana de Bergantiños. A maior agrupación de árbores ancestrais encóntrase arredor da capela e da fonte, mesmo parece que as coroan de sombras. Ademais, dispóñense arrredor do campo valado da romaría e deixan o centro como espazo libre para os romeiros.
Cruceiro
Nunha extrema da carballeira, levántase un traballado cruceiro que contén a seguinte lenda no pedestal: ?SE RETOCÓ, TRASLADÓ Y PINTÓ SIENDO CURA PÁRROCO FRANCISCO LEMA MARTÍNEZ NATURAL DE ESTA PARROQUIA AÑO 1899?. Esta inscrición expresa tres aspectos importantes deste cruceiro: primeiro, fala do costume de traslado de cruceiros; segundo, informa de que estamos diante dun cruceiro policromado; e, terceiro, ofrécenos a data de traslado. O ano de construción do mesmo escúlpese na parte superior: 1622. Esta referencia cronolóxica dátao como un dos cruceiros máis antigos de Galicia.
Ermida
O nome da ermida do Briño ten dúas advocacións femininas: a Virxe do Carme e a Nosa Señora das Virtudes. A súa fachada decorada coma se fose un retablo convértea nunha das igrexas máis singulares de Cabana de Bergantiños. A estrutura desta capela remóntase a finais do século XVI: esculturas manieristas na fachada e arco triunfal, arcos e bóveda da nave semiapuntandos que recordan o estilo gótico. A fachada engalánase coas seguintes imaxes pétreas: a Nosa Señora das Virtudes co seu neno preside o centro da frontal; á súa dereita, aparece Santiago Peregrino co seu caxato; á súa esquerda, Santo André co cruz en aspa; abaixo, á dereita, San Paulo coa súa espada; abaixo, á esquerda, San Pedro coas chaves do ceo; coróase todo o conxunto coa imaxe de San Xoán Bautista, patrón de Borneiro.
Fonte Santa
As augas da Fonte Santa manan a poucos metros da fachada da ermida. Coma a de San Fins do Castor, a fonte é un monumento de pedra. No pasado, moi próxima a este fonte ergueuse un hospital para devotos enfermos que estivo ó coidado dun ermitán. Hoxe, o edificio non se conserva, aínda que se mantén o resto toponímico: unha leira é chamada O Hospital.
Galego