Boletín informativo Nº 2021/035

CULTURA

ROTEIRO MÁXICO "AS CORES DO SAMAÍN"

"DESCONCERTO"

EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

Cabana convida á veciñanza a participar activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O Concello de Cabana convida á veciñanza a participar activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), cuxo obxectivo principal implantar as formas de desprazamento que fagan compatibles o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente para garantir unha mellor calidade de vida á veciñanza.

Para isto, é imprescindible a aportación das veciñas e veciñas do municipio, e desde a Administración local lánzase a seguinte enquisa en liña (https://bit.ly/3vwn3Xy) que pode cumplimentar toda persoa que así o desexe e poder ser partícipe dun Concello de Cabana máis amable co medio.

Desde o goberno local agradecen “de antemán” que a veciñanza se involucre nun ámbito “a nivel colectivo e de máxima importancia”, que marcará o “devir do noso modo de desprazarnos para contribuír á disminución da pegada de carbono no planeta”, engaden.

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Cabana remata os traballos de acondicionamento nas vivendas municipais

O Concello de Cabana vén de rematar os traballos de acondicionamento e mellora da accesibilidade ás vivendas sociais municipais. A intervención contou cun orzamento de 53.651,40 euros.

Esta actuación incliu a demolición das escaleiras e ramplas anteriores, que incumprían a normativa de accesibilidade, para substituílos por un equipamento axeitado e seguro. Tamén se interviu no peche dos baixos dos balcóns, que contan desde agora cunha carpintería en material PVC, así como na limpeza, reparación e pintado das fachadas.

Por outra banda, tamén se adecuou a contorna das instalacións coa renovación da rede de abastecemento, saneamento e instalación eléctrica.

Segundo explicou o alcalde, José Muíño, “esta intervención permite desde agora unha mellora importante e moi necesaria nas instalacións para que poidan ser empregadas para o seu fin: garantir un servizo de urxencia para as persoas con dificultades económicas”.

“Desde o Concello queremos iniciar os trámites para adxudicar as vivendas antes do vindeiro ano”, engadiu.

Séguenos en:

Sen definir