ANTONIO CÉSAR GONZÁLEZ GARCÍA

ANTONIO CÉSAR GONZÁLEZ GARCÍA

Doutor en Astrofísica (2003; Groningen, Países Baixas). Investigador no Instituto de Ciencias do Patrimonio, Incipit - CSIC en Santiago de Compostela. A súa investigación en astrofísica centrouse na formación e evolución das galaxias elípticas a través de simulacións de N-corpos. Realizou traballo de campo arqueoastronómico en numerosos lugares, dende Holanda, Alemaña, Bulgaria ou Oriente Próximo ata a Península Ibérica. Ademais levou a cabo campañas para estudar as culturas clásicas en Anatolia, o Levante e Europa occidental. A súa liña de investigación principal céntrase na posible relación astronómica das orientacións de monumentos así como a posible relación coa paisaxe circundante.
Dende 2017 e o Presidente da Sociedade Europea para a Astronomía na Cultura (SEAC).

Sen definir