ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ

ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ

Catedrático de Medicina Legal da USC e Director da Fundacíón Pública Galega de Medicina Xenómíca. Comité de direccíón do CIBER de Enfermedades Raras (CIBERER).

Actualmente investiga na xenetica do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica. Publicou máis de 8 libros e 800 traballos de investigacion e impartido máis de 3000 conferencias invitadas en máis de 70 países.

Membro do equipo directivo de sociedades científicas nacionais e internacionais de xenética, farmacoxenómica, cancro e medicina forense. Membro de organismos reguladores e axencias (Axencia Europea do Medicamento, Forensic DNA Regulator UK, Comite da Cruz Roja Internacional, Consorcio Internacional de Enfermidades Raras, Tribunal Penal Internacional da Haya, etc). Membro do consello asesor de numerosos centros de investigación nacionais e internacionais e departamentos ministeriais.

Presidente do padroado da Fundación Kaertor (para busca precoz de fármacos), Fundacion INGADA (sobre atención e estudo do TDAH e trastornos asociados) e outras fundacións e asociacións sen ánimo de lucro. Recoñecementos destacados; Premio Rey Jaime I de investigación, Medalla Adelaida, Medalla Galien, Medalla de Ouro de Galicia, Premio Nacional de Xenética, Cruz ao Mérito Policial, Cruz ao Mérito da Guardia Civil, Medalla de Ouro e Bríllantes do Colexio Médico, Premio Fernández Latorre, Premio Prismas de Divulgación, Premio Galicia de Investigación, Medalla CasteIao, Premio Novoa Santos. Doutor Honoris Causa por dez universidades de Europa e America. Membro de varias Academias a nivel nacional e internacional.

Sen definir