- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Útiles para observar aves
Útiles para a observación de aves
Os ornitólogos teñen observado aquí cerca de 300 especies distintas de aves, case a metade do número das que existen en Europa. Ti tamén poderás gozar da súa presenza. (Evita molestalas, sobre todo se están en período de reprodución). Para observalas, deberás contar co seguinte material.
Dispón dunha boa guía ornitolóxicaque che ofreza ampla selección de aves coa súa respectiva catalogación, descrición e correspondentes debuxos e fotografías.
A canda a guía, convén que leves un caderno de campo para que debuxes aves en voo ou repouso, para tomar notas de comportamento, morfoloxía ou características da súa plumaxe.
A observación de aves é imposible sen uns bosprismáticos. Aínda que os teus non sexan moi potentes, convén que pesen pouco e que conxuguen un coeficiente de ampliación correcto cun amplo campo de visión. As mellores combinacións son 8 x 30 e 10 x 40.
A túa cámara fotográfica axudarache a inmortalizar a presenza dalgunhas aves que quizais nunca máis vexas neste esteiro. Se é dixital, ofrecerache a posibilidade de ver a imaxe na pantalla. Dótaa dun potente teleobxectivo(200 mm) para fotografar aves distantes. Ó final do día, deleitaraste coas imaxes de campo no teu ordenador.
Ten ademais unhas pinzas de depilar de plástico para recoller pequenos ósos,lupa para examinar egrafópilas (pelotiñas de excrementos), uns cantos lapis de cores, pequena regra para medir plumas e bolsiña de plástico para gardalas.
Galego