¿Como recoñecer as aves?

Pequenas recomendacións

Se queres achegarte ó mundo das aves do esteiro do Anllóns non é preciso que sexas un gran especilista en avifauna. Tan só tendo en conta como son as cores das súas plumas, observando as formas de voo, reparando nas siluetas dos seus corpos, vendo pequenos detalles ou comportamentos singulares decataraste como non che será tan difícil converterte nun ornitólogo afeccionado.

 

Poderás recoñecer aves polas cores da súa plumaxe. O macho do alavanco distínguese pola cor verde botella da súa cabeza, mentres que a femia é parduza. A garza real combina elegantemente moitas plumas grises con capas de branco. As garcetas presentan unha brancura de neve. As gavitas combinan plumaxe negra e branca cun peteiro alaranxado. O martiño peixeiro ofrece unha mestura de verde e salmón no seu enérxico voar. Os cormoráns tínguense totalmente de negro.

Pola forma de voar tamén poderás distinguir aves. O cormorán voa en liña recta, coma unha frecha, a ras de auga e con rápidos movementos de as mentres estira o seu longo pescozo. Polo contrario, a garza real ten un voar pesado e lento, case estático, con planeamentos. As ánades é frecuente que voen en parella.

 

Tamén as recoñecerás pola silueta. As ánades nadan semimergulladas e de cando en vez meten a cabeza dentro da auga para pescar. Os cormoráns son mellores mergulladores posto que se desprazan por debaixo da tona da auga ó longo de moitos metros. As limícolas presentan semellanzas morfolóxicas aínda que varían o tamaño do corpo e peteiro. Desde o peteiro longo e curvo e o corpo grande do mazarico curlí ata o pequeno tamaño de calquera pirliño. As garzas reais amósanse elevadas e co pescozo estirado tanto nas illas de area como coas longas pernas metidas nas augas da marisma.

Outras veces verás como as aves presentan pequenos detalles que as converten en inconfundibles. O pato cullerete amosa un peteiro con forma de culler que lle serve para filtrar a auga e a avefría presenta un longo penacho na parte traseira da cabeza.

De comportamento singular é a píllara papuda. Desprázase pola area con paradas curtas e rápidos movementos de pernas. Ademais, para defender o seu niño perante un depredador, finxe ter unha á rota e, arrastrándoa polo chan, afástao a distancia suficiente que evite o perigo.

 

 

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).