- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Rarezas no esteiro do Anllóns
Rarezas que acudiron algunha vez ó esteiro do Anllóns
No mundo das aves coñécense como«rarezas» a aqueles exemplares dunha especie que visitan unha ou poucas ocasións un lugar. O ornitólogo José Luís Rabuñal Patiño, que leva 30 anos observando aves na Insua, é un excelente coñecedor destas rarezas. Ten catalogado exemplares que se achegan ata aquí desde o continente americano, euroasiático ou africano.
Os observadores de aves, cando localizan unha rareza, indícanlle a súa presenza a unha sociedade ornitolóxica quen, pasado un tempo, homologa esa aparición.
Ata o ano 2005, José Luís Rabuñal Patiño ten catalogado unha importante variedade de rarezas procedentes do continente americano. Así, apareceu só unha vez e nunca noutro punto da península Ibérica o mergullón cincento americano (Podiceps grisegena bolboellii). Homologouse a aparición por primeira vez aquí para a península Ibérica da cerceta de Carolina (Anas carolinensis), o parrulo bóla (Aythya affinis), o pirliño de Maur (Calidris mauri), o pirliño miúdo (Calidris minutilla), o pirliño de Baird (Calidris bairdii), o bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), gaivota de Bonaparte (Larus philadelphia).
Homologouse a terceira cita para a Península do abetouro americano (Botaurus lentiginosus). As dúas únicas citas homologadas para a Península do éider real silvestre (Somateria spectabilis) foron aquí no esteiro. As tres primeiras citas homologadas de parrulo pentumeiro americano (Melanitta perspicillata). A píllara semipalmada (Charadrius semipalmatus) ten aquí dúas citas homologadas e está pendente unha terceira do mes de outubro de 2004, que xunto con outra da lagoa de Traba (Laxe), son as únicas citas para a Península.
Moito menos frecuentes son as rarezas de orixe euroasiática ou sahariana. De todos modos, cabe destacar as dúas únicas citas saharianas para Galicia do corredor sahariano (Cursorius cursor) e do pedreiro do deserto (Oenahthe deserti).
Galego