MARGARITA POZA DOMÍNGUEZ

MARGARITA POZA DOMÍNGUEZ

Doutora na USC no 2002 no eido da biotecnoloxía microbiana.

Realizou varios estudios de investigación e en 2006 uniuse ao equipo de microbioloxía clínica do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, onde actualmente traballa como investigadora principal. Desde 2018 é profesora asociada tipo 3 de microbioloxía na Universidade da Coruña. Publicou 58 artigos científicos indexados en JCR que xeraron un índice h de 30. Presentou máis de 110 comunicacións a reunións científicas nacionais e internacionais. Participou en máis de 25 proxectos de investigación de convocatorias competitivas e participou como investigadora principal nun proxecto rexional e en catro proxectos nacionais concedidos polo ISCIII consecutivamente desde 2011 ata hoxe. Dirixiu 9 teses de doutoramento e 24 traballos de investigación. Na actualidade as súas Iiñas de investigación principais son o estudo do microbioma e o seu impacto no saúde humana e a epidemioloxía baseada en augas residuais.

Sen definir