Músicas
Himno de Cabana de Bergantiños
Autor: Coral de San Martín de Canduas
Publicado: 2007
Páginas/Duración: 4 min. 36 seg.
Idioma: Galego

    As nosas músicas son cancións, tradicionais ou inspiradas en Cabana de Bergantiños, interpretadas por corais e gaiteiros de distintas parroquias do concello. A Coral San Martín de Canduas pon voz ó “Himno de Cabana de Bergantiños” baixo a dirección de Antonio Méndez Farto. Os Gaiteiros de Anos tocan a sonada “Muiñeira de Cabana” dirixidos por Francisco Pérez Moreira. A Coral de Cesullas canta a “Cantiga de San Fins” dirixida por Teresa Facal Amado. Os Gaiteiros de Borneiro poñen son á “Rumba de Neaño” coa dirección de Manuel Dourado Martínez. E, por último, a Coral de San Pedro de Corcoesto poñen voz ó poema de Eduardo Pondal, “Rosa de Corcoesto”, baixo a dirección de Jesús Couto Varela. Este CD foi gravado nos estudos da Radio Galega, en Santiago, e nos da Escola da Rúa, en Carballo. Coa edición de As nosas músicas o Concello de Cabana de Bergantiños dignifica a música tradicional nacida do seu territorio, presérvaa do esquecemento e, quizais o máis importante, déixalla en herdanza ás novas xeracións de músicos cabaneses.