Fotobiografía do cura do San Fins do Castro que se remonta ós anos da súa infancia na parroquia pontevedresa de Cotobade e remata cos actos póstumos de recoñecemento como fillo predilecto de Cabana de Bergantiños. Destácase a importancia de Saturnino Cuíñas como folclorista que achegou melodías populares a grupos como Milladoiro ou Cántigas da Terra, ademais de recibir a Medalla de Ouro do Premio Marcial del Adalid. Da súa faceta como párroco, saliéntase a revitalización da romaría do San Fins do Castro, hoxe festa patronal de Cabana de Bergantiños. O libro conta con ampla documentación gráfica sobre o autor, a súa época e a súa contorna. Descubre tamén a faceta de versificador popular deste crego folclorista.