Publicacións
Regueifa dunha vida. José González Muíño (O Atrevido de Grixoa)
Autor: Xosé Manuel Varela Varela
Publicado: 2008
Páginas/Duración: 60 Páxinas
Idioma: Galego

   A regueifa é unha forma literaria que naceu como disputa dialéctica en verso e que se foi transformando en pequenos cantares biográficos. Forma parte dunha tradición oral case tan nosa como a propia lingua. Con este trabajo preténdese a recompilación e difusión desta parte fundamental da nosa tradición oral, sobre todo na comarca de Bergantiños e no concello de Cabana, terra dos máis recoñecidos regueifeiros.