Publicacións
Os habitantes míticos da Costa da Morte
Autor: Mar Llinares García
Publicado: Xuño do 2000
Páginas/Duración: 15 Páxinas
Idioma: Galego

   Artigo de Mar Llinares García, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela publicado nas actas do II Simposio de Historia na Costa da Morte. Comeza do seguinte xeito: “Na Costa da Morte sempre houbo máis habitantes dos que aparecían nos censos. Porque os organismos oficiais non censaban os castros ou as mámoas, as fontes ou as pontes, as covas, co que as súas contas sempre foron incompletas. Faltábanlle os mouros e os encantos, que tamén vivían alí”.