Publicacións
O Camiño Medieval por Cabana de Bergantiños
Autor: M. E. Lema Pérez/X. Mª Varela Martínez/X. M. Varela Varela
Páginas/Duración: 4 Páxinas
Idioma: Galego

   Folleto dun percorrido a pé de máis de 14 quilómetros que comeza do seguinte xeito: “Imos percorrer vellos camiños, desanda-las pisadas dos nosos antergos, a ruta dos viaxeiros medievais que ían e viñan, desde Compostela por Ponte Nafonso, Ponte Brandomil, Esmorís, Cesullas ata Ponteceso. Este camiño medieval entraba nas terras do Concello de Cabana de Bergantiños, pola parroquia de Anos, por Seixos Brancos. O paso do tempo, con tódalas súas connotacións históricas cheas de lendas e lugares de interese será fiel compañeiro da nosa viaxe”.