Publicacións
MOZART para os nosos nenos
Autor: Silvia Montes Fernández
Publicado: 2006
Páginas/Duración: 31 Páxinas
Idioma: Galego

   En 2006, o músico austríaco Wolfang Amadeus Mozart, tamén estivo de aniversario en Cabana de Bergantiños co alumnado máis novo do municipio. A profesora Silvia Montes Fernández, traduciu a ópera, escrita orixinalmente en alemán, Érase unha vez? a frauta máxica que se inclúe neste volume Mozart para os nosos nenos. O texto, que se acompaña de ilustracións adaptadas pola propia autora, cóntase a historia do pillabán Papageno, do príncipe cazador e aventureiro Tamino, da princesa secuestrada Pamina ou do rei da sabedoría Sarastro, entre outros personaxes. Libro axeitado para primeiros lectores tanto polo conto que narra como pola riqueza das súas ilustracións.

Concello de Cabana de Bergantiños / Deputación da Coruña