Publicacións
Hermosinda Varela Lema. Recordos da miña memoria.
Autor: Xosé Manuel Varela Varela
Publicado: Maio 2010
Páginas/Duración: 61 Páxinas
Idioma: Galego

   Hermosinda Varela Lema é claro exemplo de pervivencia dunha literatura oral e popular nas aldeas de Galicia. Natural dunha terra de importante tradición poética popular e instruída nunha escola do rural, Hermosinda de Tabuído xa creaba coplas desde moza. Tanto lle compoñía poemas a unha veciña como lle enchía follas de versos ós rapaces que acudían a ela para levalos ó colexio.