Publicacións
Falaba de ser poeta. María Baña Varela
Falaba de ser poeta recolle os poemas de María Baña, unha autora autodidacta que sin apenas estudios escribiu una importante obra de versos costumistas.
O volume acompáñase cun perfil biográfico, unha cronobiografía e un comentario lingüístico realizado polo filólogo Xosé Manuel Varela Varela.
María Baña naceu no lugar de Vilariño, na parroquia de Cesullas, en 1906 e morreu en 1995. Deixou unha obra sinxela, pero cunha grande vocación poética. Os seus poemas, repletos de vivencias e de lugares comúns, poseen un grande sentido do ritmo. Aínda que pouco sabía ler ou escribir levaba a copla na alma.