Publicacións
Didáctica da xeografía do Concello de Cabana. 3º Ciclo de Educación Primaria.
Autor: Xurxo Alfeirán, Rocío Romar, Encarna Bermúdez e Xosé María Varela
Publicado: 2003
Páginas/Duración: 111 Páxinas
Idioma: Galego

    Xurxo Alfeirán, Rocío Romar, Encarna Bermúdez e Xosé María Varela decidieron a principios do curso 2003 elaborar un material didáctico escolar para dar a coñecer ós alumnos do concello de Cabana o seu entorno máis inmediato. A iniciativa xurdiu nos seminarios permanentes que organiza o Centro de Formación do Profesorado de A Coruña.

    A estrutura dos cuadernos está adaptada ás esixencias curriculares e ten fichas fotocopiables en branco e negro que facilitan a súa distribución entre os estudiantes. Nelas plantéxanse tres tipos de actividades: un grupo inclue contidos xeográficos, cunha introducción histórica, mapas, exercicios de investigación, enquisas, comentarios e representacións gráficas. Nunha segunda parte agrúpanse actividades de entretemento, coma xeroglíficos ou crucigramas. A derradeira parte ten como obxectivo ampliar os coñecementos na área sociolóxica, con textos literarios relacionados con temas de desenvolvemento local, referencias a persoeiros destacados do concello, a bisbarra e Galicia.