Publicacións
Cancioneiro de Cabana de Bergantiños
Autor: Olga Kirk Martínez e Pablo Díaz Carro
Publicado: 2012
Páginas/Duración: 152 Páxinas
Idioma: Galego

O municipio de Cabana de Bergantiños xa ten o seu propio Cancioneiro, froito dun intenso traballo realizado por Olga Kirk Martínez e Pablo Díaz Carro durante vinte anos percorrendo tódalas parroquias e que foi presentado na localidade. A obra recolle coplas, cantos de Nadal, regueifa, cantares de cego e parrafeos recollidos polos seus autores. O historiador Felipe Senén destacou o "grande traballo" realizado polos seus autores e a colaboración de tódolos veciños que fixeron posible que finalmente vise a luz, coa colaboración do Concello, a Xunta e a Deputación para a súa edición.