Publicacións
Cabana: Análise histórica e social
Autor: Fernando Garea / Luís Giadás / Eduardo Navarro
Publicado: 1995
Páginas/Duración: 106 Páxinas
Idioma: Galego

   Esta é a primeira publicación editada polo Concello e na que se realiza unha detallada descrición de Cabana de Bergantiños.

   A primeira parte ocúpase da descrición xeográfica xeral do territorio.

   A segunda realiza un percorrido por cada unha das parroquias cabanesas ofrecendo datos que se remontan ata a prehistoria.

   Por último, a terceira reflexiona sobre os termos prehistoria e historia e encadra neles os xacementos cabaneses máis importantes. O volume ofrece na portada a fotografía da igrexa parroquial de Corcoesto e, no interior, inclúense mapas de apoio ó texto e instantáneas en branco e negro de patrimonio local.

Concello de Cabana de Bergantiños / Deputación da Coruña