Publicacións
As carpinterías de ribeira de Cabana
Autor: Xurxo Alfeirán / Juan A. Rama
Publicado: 17 de Maio de 1997
Páginas/Duración: 1 Páxinas
Idioma: Galego

Unha carpintería de ribeira é un taller situado a carón do mar adicado á construcción e reparación dos diferentes tipos de embarcacións de madeira.

A razón de porqué esta ribeira foi abondosa nestes talleres, cando paradóxicamente non é o cabanés un pobo especialmente mariñeiro de mar adentro, hai que búscala nos tres factores seguintes:

a) A tranquilidade das súas augas, situadas en lugar interior, protexidas por montes e con acceso directo ó mar, feito que facilita os labores derivadas desta actividade.

b) A longa superficie do areal como espacio ideal para a construcción das embarcacións.

c) A abundante materia prima, a madeira, dos bosques de Cabana.