Vídeos
Polafía en Cabana de Bergantiños (2011)
Autor: Concello de Cabana de Bergantiños / AELG
Publicado: 2011
Páginas/Duración: 31 min. 47 seg.
Idioma: Galego

   O Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños viviu durante a tarde do venres 19 de agosto de 2011 un momento cultural histórico coa gravación dunha Polafía por parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega na que se ofreceron 25 espectáculos de literatura oral e música tradicional que demostran que a cultura musical e oral está moi viva no territorio cabanés. A xornada serviu tamén para recordar a figura do acordeonista José María Álvarez Canto.