Publicacións
SEGREDOS DO NEOLÍTICO: Espazo Didáctico DOLMEN DE DOMBATE
Autor: Galipat
Publicado: 2018
Páginas/Duración: 18 Páxinas
Idioma: Galego

O Concello de Cabana de Bergantiños en colaboración coa Deputación da Coruña, pon en marcha unha programación didáctica para os centros escolares de Galicia centrada no Dolmen de Dombate e na vida do Neolítico galego a través dos espazos museísticos do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

O Dolmen de Dombate é unha referencia como conxunto arqueolóxico e conta cun grande atractivo divulgativo: ter un pequeno centro vinculado ao Dolmen que tamén está musealizado e protexido. Por iso propoñemos aos centros escolares que adiquen unha xornada a coñecer dunha maneira lúdica e didáctica este lugar emblemático da historia da arqueoloxía de Galicia.

Neste programa poderedes atopar visitas guiadas gratuítas financiadas polo concello de Cabana de Bergantiños e unha serie de obradoiros didácticos adaptados ás necesidades específicas de cada ciclo educativo: Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato así como a ciclos de Educación Especial, Formación Profesional e Educación de Persoas Adultas.

A oferta adáptase á idade, coñecementos e niveis educativos do público escolar e compleméntase cos obxectivos curriculares nas súas competencias básicas. Ademais os centros que impartan cursos de educación non reglada poden atopar actividades transversais moi interesantes e aptas para os seus usuarios.

Poderedes coñecer un pouco máis sobre o Patrimonio Cultural Galego, aprendendo o pasado e experimentándoo dunha maneira lúdica e ao mesmo tempo educativa.