eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULO AUTOR CATEGORÍA IDIOMAorden descendente
Muiñeira de Cabana Gaiteiros de Anos Músicas Galego
As cruces de pedra na Galiza Alfonso. D. Rodríguez Castelao Publicacións Galego
Aves do Esteiro do Anllóns (Cabana Sostible) Aporta Comunicación Vídeos Galego
Didáctica da xeografía do Concello de Cabana. 1º Ciclo de ESO (ANEXOS). Xurxo Alfeirán, Rocío Romar, Encarna Bermúdez e Xosé María Varela Publicacións Galego
Érase unha vez... un pintor naíf pola Costa da Morte María Xosé Pousa Rodríguez Publicacións Galego
Cántiga de San Fins Coral de Cesullas Músicas Galego
Regueifa e coplas en Borneiro (Aqueles salóns de baile) Concello de Cabana de Bergantiños Vídeos Galego
Andando por Bergantiños. Cesullas. Evaristo Domínguez Rial / Xan X. Fernández Carrera / Anton García Losada / Luis A. Guidás Álvarez Publicacións Galego
O latín dos canteiros en Cabana de Bergantiños Francisco Javier Varela Pose Publicacións Galego
Saturnino Cuíñas Lois Concello de Cabana de Bergantiños Persoeiros Galego

Páginas