eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULO AUTOR CATEGORÍAorden descendente IDIOMA
Comarca Natural de Bergantiños Salvador Parga Pondal Publicacións Galego
SEGREDOS DO NEOLÍTICO: Espazo Didáctico DOLMEN DE DOMBATE Galipat Publicacións Galego
Experiencias no neolítico. UNHA VIDA POR DESCUBRIR NA FORNELLA. Concello de Cabana de Bergantiños Publicacións Galego
Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños Xosé Manuel Varela Varela Publicacións Galego
O Misterio do Saco Máxico CRA Os Remuíños Vídeos Galego
Mariscadoras do Anllóns (Cabana Sostible) Aporta Comunicación Vídeos Galego
Cabana Sostible Aporta Comunicación Vídeos Galego
NATURALmente Cabana. O Esto. Concello de Cabana de Bergantiños Vídeos Galego
Homenaxe institucional ó profesor MIGUEL VIDARTE OROL Concello de Cabana de Bergantiños Vídeos Galego
A cultura e a vida xaponesa. C.R.A. Os Remuíños Vídeos Galego

Páginas