eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULO AUTOR CATEGORÍAorden ascendente IDIOMA
A Insua Xosé Manuel Varela Varela Publicacións Galego
Notas Etnográficas da parroquia de Borneiro Xaquín Lorenzo Fernández Publicacións Galego
Castro A Cidá de Borneiro Concello de Cabana de Bergantiños Publicacións Galego
Didáctica da xeografía do Concello de Cabana. 3º Ciclo de Educación Primaria (ANEXOS). Xurxo Alfeirán, Rocío Romar, Encarna Bermúdez e Xosé María Varela Publicacións Galego
Manuel Lema Otero Xosé Manuel Varela Publicacións Galego
Cabana Xosé Luis e J.M. Laredo/Efrén Vázquez Vázquez/Xurxo Lobato Publicacións Castelán
Recordos dun regueifeiro Fermín Calvo Gómez / Xosé Manuel Varela Varela Publicacións Galego
Festas de San Fins 1945 Publicacións Castelán
Arquitecturas da provincia da Coruña José Ramón Soraluce Blond / Xosé Fernández Fernández Publicacións Galego
Os mellores pazos da Costa da Morte Xosé Mª Lema Suárez Publicacións Galego

Páginas