eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULO AUTOR CATEGORÍAorden descendente IDIOMA
MOZART para os nosos nenos Silvia Montes Fernández Publicacións Galego
Cancioneiro de Cabana de Bergantiños Olga Kirk Martínez e Pablo Díaz Carro Publicacións Galego
Ruta a pie por A Costa da Morte Xan X. Fernández Carrera Publicacións Castelán
Dolmen de Dombate Deputación da Coruña Publicacións Francés
A arte relixiosa na Terra de Soneira (Tomo III) Xosé María Lema Suárez Publicacións Galego
Aves de Galicia Obra Social La Caixa / Xunta de Galicia Publicacións Galego
Plano do Castro A Cidá de Borneiro Ildefonso García Publicacións Galego
Didáctica da xeografía do Concello de Cabana. 1º Ciclo de ESO. Xurxo Alfeirán, Rocío Romar, Encarna Bermúdez e Xosé María Varela Publicacións Galego
Guía de miradoiro de aves. José Luís Rabuñal Patiño Xosé Manuel Varela Varela Publicacións Galego
Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños Xosé Manuel Varela Varela Publicacións Galego

Páginas