eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULOorden descendente AUTOR CATEGORÍA IDIOMA
Ruta das mámoas Asociación Ambiental Senda Nova Publicacións Galego
Saturnino Cuíñas Lois Xosé Manuel Varela Publicacións Galego
Saturnino Cuíñas Lois Concello de Cabana de Bergantiños Persoeiros Galego
SEGREDOS DO NEOLÍTICO: Espazo Didáctico DOLMEN DE DOMBATE Galipat Publicacións Galego
Tralas pegadas da historia nas beiras do Anllóns Xosé Manuel Varela Publicacións Galego
Un testemuño sobre as mulleres armadoras no mar galego. Revista Ardentía Publicacións Galego
Walking tour in A Costa da Morte Asociación Neria Publicacións Inglés
Xapón CRA Os Remuíños Vídeos Galego

Páginas