eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULOorden ascendente AUTOR CATEGORÍA IDIOMA
Aves do Esteiro do Anllóns (Cabana Sostible) Aporta Comunicación Vídeos Galego
Aves de Galicia Obra Social La Caixa / Xunta de Galicia Publicacións Galego
As mariscadoras do esteiro do Anllóns Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns Vídeos Galego
As cruces de pedra na Galiza Alfonso. D. Rodríguez Castelao Publicacións Galego
As carpinterías de ribeira de Cabana Xurxo Alfeirán / Juan A. Rama Publicacións Galego
Arquitecturas da provincia da Coruña José Ramón Soraluce Blond / Xosé Fernández Fernández Publicacións Galego
Arquitectura megalítica na Costa da Morte (antas e mámoas) Xosé María Lema Suárez Publicacións Galego
Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños Xosé Manuel Varela Varela Publicacións Galego
Anosaclase's Blog 4ºB do CPI As Revoltas Blogues anteriores Galego
Andando por Bergantiños. Cesullas. Evaristo Domínguez Rial / Xan X. Fernández Carrera / Anton García Losada / Luis A. Guidás Álvarez Publicacións Galego

Páginas