eduCABANA

eduCabana

   Educabana é unha ferramenta que pretende facilitar a accesibilidade ao fondo local de publicacións do Concello de Cabana de Bergantiños.

   Hoxendía, seguimos sendo o concello da Costa da Morte que máis libros, folletos e material didáctico ten publicado ata o momento. Volumes de historia, literatura, etnografía, guías turísticas e materiais pedagóxicos son una aposta decidida para dar a coñecer en profundidade as nosas xentes, natureza e patrimonio.

   Por outra banda, todos os educadores e centros de ensino poderán utilizar este material como complemento ás excursións e visitas didácticas que todos os anos se organizan á Cabana de Bergantiños e á Costa da Morte. É polo que pretendemos ofrecer un amplo abano de actividades e de información variada como recurso didáctico dispoñible antes, durante e despois das saídas didácticas polo noso concello.

Publicaciones disponibles

PORTADA TÍTULO AUTOR CATEGORÍA IDIOMAorden descendente
O latín dos canteiros en Cabana de Bergantiños Francisco Javier Varela Pose Publicacións Galego
NATURALmente Cabana. Borneiro. Concello de Cabana de Bergantiños Vídeos Galego
O Ensino - Unha viaxe no tempo Mupega Vídeos Galego
A arte relixiosa na Terra de Soneira (Tomo III) Xosé María Lema Suárez Publicacións Galego
Hermosinda Varela Lema Concello de Cabana de Bergantiños Persoeiros Galego
MOZART para os nosos nenos Silvia Montes Fernández Publicacións Galego
Cancioneiro de Cabana de Bergantiños Olga Kirk Martínez e Pablo Díaz Carro Publicacións Galego
María Baña Varela Asociación o Fol / Concello de Cabana de Bergantiños Vídeos Galego
Didáctica da xeografía do Concello de Cabana. 1º Ciclo de ESO. Xurxo Alfeirán, Rocío Romar, Encarna Bermúdez e Xosé María Varela Publicacións Galego
NATURALmente Cabana. Nantón. Concello de Cabana de Bergantiños Vídeos Galego

Páginas