PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

Programa: Programa de subvenciones a proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020

Medida 8. Implantación de planes de movilidad urbana sostenible

PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

O Plan de Mobilidade Sustentable para o Concello de Cabana de Bergantiños ten como obxecto establecer unha estratexia encamiñada a mellorar a mobilidade durante os próximos anos, e facela máis eficiente, máis segura, máis accesible a todas as persoas e máis responsable medioambientalmente.

As liñas estratéxicas deste plan concéntranse en dous vectores de actuación:
1. A mellora da rede peonil existente, aumentando a seguridade e a accesibilidade e completando os tramos non continuos, de tal xeito que as áreas máis densamente poboadas e as zonas nas que se concentran usos e actividades queden entretecidas, permitindo así os percorridos peonís nas mellores condicións e a extensión desta rede peonil ao longo do eido da costa.

2. A creación de conexións no resto do territorio municipal, entre os pequenos espazos de actividade (areais, áreas recreativas ou entornos patrimoniais, locais comunitarios ou antigas escolas unitarias...) e os eidos residenciais máis inmediatos, de tal xeito que se fomenten os pequenos percorridos cotiás dentro dos núcleos poboacionais nos casos nos que son posibles.

Enlaces:

P.M.U.S. - CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

Sen definir