NOVO SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DUNHA APP MÓBIL

O CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS IMPLANTA UN NOVO SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DUNHA APP MÓBIL

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece línea Verde. Este servizo serve como canle de comunicación directa dos danos que se detectan no equipamento urbano do municipio.

FEBREIRO 2023 – Este mes de febreiro, o Concello de Cabana de Bergantiños únese aos máis de 500 concellos que contan co servizo línea Verde a nivel nacional. A través desta canle de comunicación directa, os veciños poden comunicar ao Concello calquera avaría que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así poder dar solucións aos problemas comunicados.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario descargar a APP Línea Verde. Para iso, o usuario accede a Google Play ou a APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizado, a descarga realízase gratuitamente. A partir dese momento, o usuario selecciona o concello sobre o que quere denunciar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar una incidencia, só tes que premer no botón "Nova Incidencia". Na pantalla aparece un menú despregable cos distintos tipos de incidencias. O usuario selecciona aquel sobre o que desexa comunicar. A APP detecta automáticamente as coordenadas exactas onde se atopa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e a observación sobre ela. Todo o que queda é premer o botón de enviar. Unha vez enviado, o persoal do Concello recibe a notificación do defecto comunicado. A partir deste momento inícianse os trámites para solucionar a incidencia detectada. O cidadán, pola súa banda, recibe unha notificación no seu teléfono móbil sempre que se produce un cambio no seu estado.
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello aos cidadáns que o desexen. Deste xeito, ademais de implantar unha canle para resolver incidencias de mantemento no municipio, tamén podemos enviar información de servizo público que se considere oportuna, como un corte de tráfico nunha rúa, o horario de determinados espectáculos municipais, ou o corte de auga ou luz que se pode producir en calquera punto. Tamén poden consultar os principais puntos de interese situados no municipio e información relevante sobre o mesmo.
O Concello de Cabana de Bergantiños anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo da Línea Verde. Mediante a posta en marcha deste servizo e grazas a unha importante participación cidadá, preténdese conseguir un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.

Google Play Store Apple Store

Sen definir