MARISA JUANES CARRASCO

MARISA JUANES CARRASCO

Doutora en Ciencia e Tecnoloxía Química pola USC en 2019.

Durante a realización da súa tese publicou 5 artigos científicos. En 2017 realizou unha estadía predoutoral no Instituto Curie de Paris no grupo de biofísica da Prof. Patricia Bassereau. A súa experiencia investigadora caracterízase por ter un marcado carácter multidisciplinar, desde a química de péptidos ata a bioloxía molecular, pasando pola caracterización de nanomateriais. Participou estreitamente en procesos de colaboración con empresas como Syngenta e é co-inventora dunha patente. Na actualidade traballa no grupo de Javier Montenegro no proxecto TraffikGene (ERC Proof-of-Concept) para a creación dunha empresa de base teonolóxica.

Sen definir