- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Torre da Penela
A Torre
Fortaleza que se atopa controlando a fronteira dos dominios de Altamira (Bergantiños) e a Terra de Soneira. Separada da aldea de Rioboo, desde ela pódese albiscar ó lonxe o Pico de Meda (E.) e o Faro de Vimianzo (W.).
Os Moscoso e os Bermúdez de Castro estableceron unha rede de fortalezas fronteirizas para amparar Bergantiños, situándose A Penela ó S. da comarca.
Hoxen día na aldea-torre da Penela só queda unha torre das tres (ou catro) con que debía contar. Dise, polo tanto, que había dúas torres máis; unha cara o NE., onde hoxe hai un cabazo e a vivenda familiar (os alicerces desta aínda son de sillería), e outra cara o NW., habendo agora outra vivenda. A torre supervivinte (SW.), cadrada, está almeada, cun arco de medio punto por entrada, tres niveis de xanelas e un escudo moi desfigurado. Utilizada como graneiro, aínda conserva a estructura da escaleira de caracol. Desapareceu un rosetón e sí se conserva un escudo moi borroso empotrado no lavadeiro.
A Fonte
Ás costas da Torre atópase unha fonte con pía en forma de sartego; din que é unha ofrenda dunha muller a quen lle morreu o fillo ou, se cadra, algunha penitencia.
Fálase de que a "mina da fonte" é un pasadizo que chega á Torre e que por alí iban coller auga cando estaban asediados.
O Cruceiro
Tamén se conta que un cruceiro con inscricións, que hoxe está ó inicio dunha pista próxima á torre, estaba antano á entrada da fortaleza e que todo aquel que traspasase o mesmo quedaba ceibe dos seus perseguidores.
Unha muller fuxitiva parece que se achegou ó cruceiro salvador, pero foi apresada antes e decapitada. Compadecidos, os veciños laiáronse: "¡Pena dela!".
E daí ven o nome da fortaleza, segundo a tradición.
Galego