Santo Estevo de Cesullas

Castro de San Fins


Recinto castrexo datado na Idade do Ferro. Ten unha posición privilexiada mirando o val de Cesullas polo que discorre o río Balsa. Foi un castro de enormes proporcións, pero hoxe moi deteriorado polas tarefas agrícolas. De todos modos, aínda se poden observar os seus muros e terrapléns. O parapeto delimitador da croa ten 30 m de lonxitude e 14 m de ancho e 7 m de alto na parte Noroeste. No lado Oeste, o foxo ten 20 m de lonxitude, 8 de ancho e 1,5 de profundidade.

Este xacemento creou o topónimo San Fins do Castro. Segundo informa o arqueólogo Antón Rodríguez Casal, nunhas leiras de debaixo do castro apareceron sepulturas a modo de caixas con antas que contiñan cinzas e ósos. Tamén se encontrou un importante cuncheiro (depósito de cunchas) de berberechos. A lenda conta que no castro hai unha viga de ouro que fora agochada había moito tempo polos mouros, que eran os seus habitantes.

Galego