- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Santa Mariña do Remuíño
Tras deixar os rápidos de Verdes (Coristanco) e a sonada Pontedona, o Anllóns entra en Cabana de Bergantiños nun caudaloso e encaixado meandro. Aquí, as augas recóllense para produción de enerxía eléctrica. Pero tamén é un espazo abundante en vexetación de ribeira e con presenza de aves acuáticas como alavancos ou cormoráns. Como restos arqueolóxicos, amósanse as galerías de extracción aurífera xa comezada polos romanos. Nun espazo natural onde a auga do río Anllóns ten unha elevada presenza non era rara a supervivencia dalgún culto hidrolátrico precristián. Para cristianizar esta manifestación pagá a instaurouse neste lugar o culto a Santa Mariña. Cada 18 de xullo xuntanse os cabaneses para honrar esta santa.
A carballeira
É outra das antigas e mestas carballeiras do concello. Encóntrase ó lado da ermida e nela acolle uns merendeiros e mais a fonte do espazo sacro. Baixo as súas sombras celébranse as merendas e mais algunha festa gastronómica noutros días distintos ós da romaría.
A capela
É unha ermida de construción sinxela. Dos tempos do reinado de Isabel II data o retablo que é obra do párroco Antonio Rodríguez Ardeleiro. Durante os traballos dunha reforma, apareceu no lintel da entrada unha pedra na que se esculpía unha cabeza feminina, imaxe dunha deusa prerromana da fertilidade. Na actualidade, esta figura está empotrada na cabeceira da igrexa de San Martiño de Cores.
O cruceiro
Encóntrase a medio camiño da fachada da ermida e da carballeira. Pola decoración da cruz, é un dos cruceiros singulares do concello. No anverso ten un corazón cravado de espadas; no reverso, unha coroa de espiñas e unha serpe.
A fonte
A fonte actual data de 1896. A tradición di que nas súas augas se laban (lavaban) os ubres das vacas para que desen máis leite; e tempo atrás, tamén o facían as mulleres cando tiñan que amamantar nenos.
Galego