- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Santa Margarida de Baneira
A romaría de Santa Margarida de Baneira celébrase cada 13 de xullo. Esta data mesmo é recollida nunha cantiga popular:
O día trece de xullo,
celébrase a romaría;
romeiros desde moi lonxe
veñen visita-la santiña.
celébrase a romaría;
romeiros desde moi lonxe
veñen visita-la santiña.
O santuario encóntrase nun extremo do val de falla de Corcoesto, contra a costa de Baneira. É unha romaría pertencente á parroquia de Silvarredonda. O conxunto patrimonial está formado pola seguinte tríada de elementos: capela, cruceiro e fonte.
Capela de Santa Margarida
Ermida sinxela de planta rectangular e tellado a tres augas. No presbiterio amosa unha ventá rectangular semellante á dunha casa. No exterior, o máis salientable é a fachada e a espadana na que se observan dúas inscricións.
O cruceiro
Levántase nunha extrema do adro, a rentes da estrada. É todo el de cemento. Presenta varal policromado. Destaca a ausencia de figuras na cruz. Carece de mesa.
A fonte
É a fonte máis monumental de todos os conxuntos relixiosos do concello. Presenta dous corpos de pedra. O central, rectangular e coroado de pináculos e unha fermosa cruz acanalada, cobre o manantial. Apegado a el, sobresae un corpo máis baixo cuberto por pequena bóveda de canón que conduce ó interior da fonte. Nas súas augas, os romeiros mollan os panos e deixan moedas para seren curados das verrugas. Os panos déixanos nos arredores do manancial. Segundo o etnógrafo Otero Cebral, os devotos tamén lavan nas augas as pernas e as mans nas que teñan algún mal.
Galego