San Xoán do Esto

Cruceiro do Campo da Festa

Está construído en granito. A plataforma é cadrangular de tres graos. O pedestal é cadrangular e ten mesa adosada. O varal é octogonal e comeza cadrado. O capitel é cilíndrico, remata cadrado e é moldurado. A cruz é rectangular de brazos con media cana. No anverso, aparece Cristo crucificado con tres cravos, cabeza ladeada á dereita, mans abertas, coroa de espiñas e pano de pureza atado á dereita. Ós lados aparecen a Virxe e San Xoán. O reverso carece de imaxe.

 

Cruceiro Sampil

Construído en granito. A plataforma está enterrada. O pedestal é circular. O varal é octogonal. O capitel é cadrangular moldurado e con caras. A cruz é octogonal. No anverso, aparece Cristo crucificado con tres cravos, cabeza ergueita, con mans abertas, coroa de espiñas, pano de puerza sen atar e cartela de INRI. O reverso carece de imaxe.

Galego