San Pedro de Corcoesto

Castro de Corcoesto

Tamén presenta unha croa circular dunhs 95 m de diámetro. O parapeto que a rodea posúe moi pouca altura. O estado de conservación é excelente, a pesar de que a croa se utiliza como terras de cultivo.

 

Mina da Capela de Santa Mariña

É unha mina aurífera que se adcribe culturalmente á época romana. Preséntase como un gran corte efectuado nunha ladeira moi pronunciada a carón do río Anllóns. As partes mellor conservadas deste corte, na franxa alta, ofrece unhas dimensións de 200 m de longo, 20 m de ancho e 6 m de profundidade. A pesar de ser unha mina explotada na contemporaneidade, presenta importantes trazos da súa antigüidade.

 

Torre de Corcoesto

Foi unha fortaleza medieval da que non se conserva visible ningún resto arqueolóxico na actualidade. De se relizaren escavacións no subsolo, é posible encontrar os alicerces desta torre.

Galego